ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Ferida unha persoa ao cortarse cunha motoserra en Tabazoa de Edroso (Viana do Bolo)

 

Unha persoa resultaba ferida esta mañá en Tabazoa de Edroso (Viana do Bolo) ao sufrir un corte cunha motoserra, en Viana do Bolo. A persoa atopábase soa e chamaba solicitando axuda ao 112.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaba de inmediato á Garda Civil, á Policía Local, aos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Gudiña, a Protección Civil de Viana e a unha ambulancia do 061.

A persoa ferida era trasladada ao Hospital de Valdeorras, no Barco.

Accidente cunha fresa que manipulaba en Amoeiro

Tamén un home precisou ser trasladado despois de sufrir un accidente cunha fresa que manipulaba, no concello ourensán de Amoeiro, segundo informa o 112 Galicia.

Arredor da unha do mediodía, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que solicitaba axuda para unha persoa que acababa de sufrir un corte cunha fresa, no lugar de Parada de Amoeiro, ao pé da estrada de Tamallancos a Barbantes.

Nese momento, os operadores do CIAE-112 informaron aos axentes da Garda Civil, aos Bombeiros do Carballiño, aos membros de Protección Civil da localidade e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061.

Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron que mobilizaron ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense e que o home tivo que ser trasladado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button