ConcellosÚltima horaXinzo de Limia

Ferida unha persoa por mor dun disparo cando pasaba por unha zona de caza

Publicidade

 

Na tarde do sábado 12 de febreiro, unha muller recibía un disparo nunha perna cando pasaba por unha zona de caza, tal como informan dende o 112 Galicia.

O suceso ocorría preto das 19 horas en Xinzo de Limia, tal e como confirmaron ao 112 os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a atender a ferida, podendo comprobar que a muller afectada pasaba pola zona cando recibiu o disparo na perna.

Nun primeiro momento, foi evacuada ao centro médico próximo, pero, posteriormente, o tratamento das lesións esixía a asistencia no Hospital de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button