ConcellosÚltima hora

Ferido ao envorcar o vehículo adaptado que conducía, en Vilamartín de Valdeorras

 

En torno á oito da mañá deste sábado 1 de xaneiro, producíase un accidente de tráfico na estrada que vai de Vilamartín de Valdeorras á Rúa.

Tal como informan dende o 112 Galicia, recibían a chamada dun particular indicando que se acababa de atopar cun home ferido ao que lle envorcara o triciclo adaptado que conducía. Ata o lugar desprazábanse os servizos sanitarios, os Bombeiros e membros do GES de Valdeorras, así como axentes da Garda Civil de Tráfico.

“Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que non foi precisa a súa intervención, posto que, os axentes puideran axudar ao condutor retirando eles mesmos o vehículo que quedara sobre o ferido. Así, tras ser liberado, os servizos sanitarios encargáronse da súa evacuación”, explican dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button