ConcellosÚltima hora

Ferido grave un ciclista de Verín ao seres atropelado na N-532

O ferido foi alcanzado polo vehículo cando circulaba en paralelo canda outro compañeiro
O ferido tivo que ser trasladado ao Hospital de Verín.

Un ciclista que circulaba pola estrada Nacional 532 (Verín-Fronteira portuguesa) resultou ferido ao seres atropelado por un turismo no punto quilométrico 7, pertencente ao termo municipal de Verín. O suceso prodúxose cara ás 11:45 horas de hoxe, 1 de novembro.

Segundo fontes da Guardia Civil de Tráfico, este ciclista ía en paralelo canda a outro e, por distracción ou falta de atención do condutor, alcanzou a este ciclista que circulaba polo lado esquerdo, feríndoo de gravidade.

O ciclista atropelado é un veciño de Verín de 32 anos que responde ás iniciais de S.P.A e o condutor é un veciño portugués residente en Chantada de 47 anos e responde ás iniciais de J.A.D. e deu negativo en alcol e drogas, informaron os axentes.

O ciclista foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Hospital de Verín. Dende a Guardia Civil de Tráfico lembran que é legal circular en paralelo e pelotón coa bicicleta por estrada e reiteran que hai que respectar a distancia de un metro e medio para adiantalos co coche.

A bicleta quedou con este aspecto tras o golpe.

Artigos relacionados

Back to top button