ConcellosSoberÚltima hora

Ferido o condutor dun tractor en Sober

 

Un home resultaba ferido esta tarde ao caer do tractor co que estaba recollendo pólas nunha leira situada en Telleiros, no termo municipal lucense de Sober, tal e como indica o 112 Galicia.

“Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ao fío das sete para alertar do accidente e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros de Monforte de Lemos e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Sober”, informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button