OurenseÚltima hora

Ferido un ciclista tras sufrir un accidente contra un vehículo en Lobios

 

Arredor das sete da tarde deste pasado sábado, 19 de xuño, producíase un accidente entre un coche e un ciclista na OU-312, en Portela do Home, ao seu paso polo municipio de Lobios. Un particular alertaba ao 112 Galicia do suceso, asegurando que “o ciclista estaba moi ferido”, segundo informa o 112 Galicia

Decontado, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados os axentes de Tráfico e os membros do GES e de Protección Civil de Lobios. Os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron un helicóptero medicalizado que, tras tomar terra no lugar dos feitos, trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia, tal e como indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button