OurenseÚltima hora

Ferido un condutor tras chocar cun xabarín no municipio de Paderne de Allariz

 

Arredor das dez e media da pasada noite, producíase un accidente de tráfico cando un vehículo chocaba contra un xabarín no municipio ourensán de Paderne de Allariz. Os feitos tiñan lugar na parroquia de Solbeira, na estrada que leva ata Maceda.

Desde o 112 Galicia deuse aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao e ao GES de Pereiro de Aguiar. “Finalmente, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia confirmaron que o ferido foi evacuado en ambulancia ao hospital de referencia”, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button