ConcellosÚltima hora

Ferido un home en Requeixo (Chandrexa) tras ser golpeado por unha vaca

 

Arredor das 8:40h. desta mañá de xoves un traballador resultaba ferido de consideración tras un golpe por parte dunha vaca no cortello dunha casa en Requeixo (Chandrexa de Queixa).

“Debido á gravidade das feridas do home, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para atendelo”, tal e como informa o 112 Galicia.

Nada máis ter coñecemento do suceso, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos axentes da Garda Civil, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e aos efectivos do GES de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button