ConcellosTrivesÚltima hora

Ferido un motorista nun accidente de tráfico no concello de Trives

 

Rozando as 18h. desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada que comunica Sobrado (Trives) con Manzaneda, en concreto á saída de Sobrado. Segundo as primeiras informacións, unha moto saíse da vía e o seu condutor resultaba ferido. Ata o lugar se trasladaban de inmediato unha ambulancia do 061 de Trives, así como membros da agrupación de Protección Civil de Trives e a Garda Civil de Tráfico.

O ferido, un veciño de Manzaneda, era traslado de inmediato ao PAC de Trives, para recibir atención sanitaria. Dende alí vén de ser derivado ao Hospital Valdeorras, no Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button