ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Ferido un motorista nunha caída na OU-533 ao seu paso por Viana do Bolo

 

Rozando as cinco da tarde deste domingo 5 de setembro producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña) ao seu paso polo municipio de Viana do Bolo. Un motorista resultaba ferido tras sufrir unha caída da súa moto, nas proximidades de San Cibrao, segundo informa o 112 Galicia.

Ata o lugar, mobilizados polo 112 Galicia, acudían os servizos sanitarios, os bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Gudiña e a Garda Civil de Tráfico. O ferido era traslado para recibir asistencia sanitaria.

Outra caída dun motorista en Bande

Antes do sinistro de Viana do Bolo, ás catro e media da tarde, rexistrábase outra caída de moto na estrada que une as localidades de Bande e Muíños, á altura da parroquia de Barxés.

Segundo informaba un particular ao 112 Galicia, “un motorista sufrira unha caída e estaba ferido. Deseguido, os xestores do CIAE 112 Galicia comunicaron estes datos aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Muíños que, xa no punto, confirmaron que o motorista estaba consciente, pero que fora trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”, informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button