OurenseÚltima hora

Ferido un motorista tras unha caída na N-525 en Ourense

 

Arredor das sete desta tarde de 20 de xullo un motorista resultaba ferido de gravidade tras sufrir unha caída cando circulaba pola N-525, ao seu paso pola cidade de Ourense, segundo informa o 112 Galicia. En concreto o accidente tiña lugar no acceso ás termas dende a citada estrada.

Ata o lugar do sinistro trasladábanse de inmediato os profesionais sanitarios do 061. Ademais dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitábase a intervención dos axentes da Policía Local, segundo indica o 112 Galicia

Artigos relacionados

Back to top button