CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Fermoso recital de clásicos da pianista Sara Marianovich no Barco

Actuaba na noite do 11 de outubro na Casa do Río Cigüeño da vila valdeorresa

Intensas e engaiolantes melodías envolvían ao público que asistía na noite do 11 de outubro ao recital da pianista serbia Sara Marianovich na Casa Río Cigüeño do Barco. Esta prestixiosa intérprete facía un fermoso percorrido musical por pezas de F. Mendelssohn-Bartody como “Barcarola”, tamén de Chopin como algún dos seus nocturnos, de Beethoven como é o caso da “Sonata Op. nª2 Claro de Lúa”, e concluía co “Asturias” de Albéniz e co “Momento musical nº4 en Mi menor” do compositor romántico S. Rachmaninoff.

Este recital tiña lugar na Casa do Río Cigüeño, lugar onde ata agora acostumaba ensaiar esta pianista serbia. Ao longo do mesmo, Marianovich adicaba diversas pezas a algunhas das persoas asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button