OurenseÚltima hora

Fernando Arca e Jorge Luis Álvarez impóñense no III Trail Ribeira Sacra

Na carreira de montaña participaron corredores procedentes de 12 provincias de España e de 3 rexións de Portugal
Entrega de premios do III Trail Ribeira Sacra.

Dúas modalidades deportivas, de 24 e 47 quilómetros, percorrendo os lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra ourensá. Son as opcións ofrecidas polo III Trail Ribeira Sacra celebrado na mañá do 14 de outubro.

Neste evento que aglutina deporte, historia e natureza, participaron corredores procedentes de 12 provincias de todo o territorio nacional e de tres rexións de Portugal. A proba foi cronometrada e competitiva, e os tempos de paso dos participantes nas dúas probas quedaron rexistrados.

Na carreira curta o primeiro clasificado foi Jorge Luis Álvarez Rodríguez (VETM-1) que facía un tempo de 2:31:07. Uns segundos despois entraba en meta Óscar Lugrís Beteta e o terceiro clasificado foi Luis Carballo Pose.

Con respecto á carreira longa, o gañador absoluto foi Fernando Arca Casal que completaba os 47 quilómetros en 5 horas, vinteseis minutos e corenta e sete segundos. O segundo clasificado foi David Rodríguez Gil e o terceiro José Manuel Gil Bernárdez.

 

Artigos relacionados

Back to top button