DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Fernando Arca imponse no X Maratón Penedos do Lobo

Cabeza de Manzaneda acolleu a carreira, un reto á montaña e á climatoloxía adversa

O vento, a néboa e o frío marcaron a X edición de Penedos do Lobo, unha carreira por montaña que na mañá do 13 de setembro vía aumentada a dureza ata uns niveis extremos.

Coma sempre, a seguridade dos atletas do maratón “é o primeiro que temos que considerar” polo que debido ao vento e a néboa, a organización decidía “anular a zona de Prada e facer dúas veces o cortalumes”, explicando que “a baixada cara Prada, onde non se pode acceder con transporte, e hoxe tampouco con helicóptero, con sensación térmica por debaixo de cero, non podemos arriscarnos a ter lesionados aos que non poidamos rescatar”.

Así pois, cos cambios de última hora, en torno á oito da mañá comezaba o maratón con 74 corredores, e só uns minutos despois saían os andarines. A última proba da mañá era o cross no que participaban uns 114 atletas. Unhas cifras máis que positivas dada a climatoloxía, “só un 10% menos que noutras edicións”, din dende a organización.

Como é habitual non tódolos que tomaron a saída lograban chegar á meta, pero quen o logrou fíxoo con tódalas honras. No maratón, Fernando Arca Casal vencía xa xeral cun tempo de 3:12:20, seguido por José M. Casado Méndez e Ramón Rodríguez González.

No cross, o vencedor absoluto foi Saturnino Novoa González, seguido por José L. Dorado Vieitez e Adolfo Garrido Fernández.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button