Galerías de fotosÚltima hora

Fervenzas de luz, tambores e olor a pólvora, no “correfoc” do Barco

Unha das novidades do Magosto barquense deste ano era unha demostración de correfoc, unha tradición da zona de Cataluña e Levante. O son incensante dos tambores marcaba o ritmo dunha tradición salpicada de luz e fogos artificiais. A demostración comezaba ao redor das nove e media na praza de Viloira, logo continuaba na pasarela peonil que une esta vila co Barco e, completábase cunha espectacular actuación final na praza Maior do Barco.

Este correfoc viña da man da Associació Cultural Ball d’Enveja de Vilanova i la Geltrú (Barcelona). O programa do Magosto completarase ás 23h. cun concerto dos Mecánicos na praza Maior.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close