CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Festa da escuma e inchábeis para despedir o curso no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín

A actividade, organizada pola ANPA, celebrouse na mañá do 21 de xuño

Pouco a pouco os colexios de Valdeorras van poñendo o broche á campaña escolar 2017/2018 con celebracións por todo alto. No CEIP Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras a festa de fin de curso tiña lugar na mañá do 21 de xuño, con actividades organizadas pola ANPA.

Tal como explican dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos, durante todo o curso venderon rifas, rosas de goma eva, bolos preñados,… E como agradecemento a toda a xente de Valdeorras que colaborou con eles, organizaron a festa para os 30 cativos que estudan no centro. Houbo tres inchábeis (dous para os máis pequenos e outro para os maiores), un completo aperitivo e unha fantástica e divertida festa da escuma na que os pequenos desfrutaron ao tempo que facían fronte ao intenso calor. O colofón á celebración foron as fotos que se fixeron no photocall instalado para a ocasión e que enviarán aos pais de cada cativo como despedida do curso.

Outras das actividades levadas a cabo pola ANPA durante o curso, foron as clases extraescolares de inglés e o reparto de agasallos durante o Nadal.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button