Galerías de fotosÚltima hora

Festa da Familia na residencia de maiores do Bolo

Música e teatro para animar aos residentes, da man dos cativos do pobo e da coral Candea

A mediados de xullo tiña lugar a primeira Festa da Familia na residencia de maiores do Bolo, organizada pola directora e a educadora do centro, unha xornada na que non faltou a música, o teatro e a compañía dos nenos.

Durante o acto tivo lugar a representación da obra de teatro “El Doctor Manzano” e un recital de violino, guitarra e clarinete por parte dos cativos. Tamén contaron coa participación da Coral Candea de Viana do Bolo.

Pola tarde serviuse unha merenda para todos os asistentes, esperando que a cita se volva celebrar para o vindeiro ano dado o éxito de convocatoria e “especial interese para o pobo, a súa comarca e os maiores do centro e as súas familias”, aseguran dende a residencia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button