OurenseÚltima hora

Festa da natación sincronizada en Ourense

O pavillón dos Remedios acollerá a I Copa Deputación desta modalidade deportiva o 13 de xuño

cartel sincro 2

O vindeiro sábado 13 de xuño, en horario de mañá e tarde, a piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios en Ourense, acollerá a primeira edición da Copa Deputación de natación sincronizada que contará coa participación de máis de 400 nadadoras de dez clubs galegos e o Sincro Ovar de Portugal.

Como anfitrión, o Club Sincro Ourense participará en tódalas categorías e con tódalas súas nadadoras, e espera “reafirmar a súa supremacía rexional neste difícil deporte, no que as ourensás ostentan o título de mellor club galego”, explican dende o club.

A competición desenvolverase en dúas fases. A de mañá acollerá a competición de Base 1, Base 2 e Escolas e nela realizarán exhibición as nadadoras de nivel do club ourensán das coreografías coas que acudirán aos próximos campionatos de España e as nadadoras do portugués Club Sincro Ovar. Na xornada de tarde levarase a cabo a competición das categorías de Base 3 e Base 4 e novas exhibicións do club portugués.

Artigos relacionados

Back to top button