EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A Festa das Covas de Vilamartín quenta motores co pregón e a mini ruta por Cerdeirais

Aurelio Blanco Trincado foi o encargado de inaugurar esta edición da ruta

Mañá, sábado 5 de agosto, miles de persoas chegadas dende diferentes puntos da xeografía, desfrutarán do viño, da comida e da música na XXI edición da Festa da Covas. Pero hoxe, venres día 4, a organización abría boca coa chamada “mini ruta” de Cerdeirais, un roteiro máis pequeno especialmente pensado para os coveiros, alma máter da celebración.

O acto arrancaba en torno ás nove da noite coa lectura do pregón a cargo do presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado que falou da orixe das covas “atribuída aos romanos pero eu quero pensar que tamén foron feitas polos propios viñateiros que traballaban de sol a sol ata facer posible o milagre do viño”, dixo, loubando aos coveiros que reúnen a miles de persoas en torno a esta celebración, e tamén a Vilamartín.

De seguido tiña lugar a homenaxe que cada ano lle fan a algún coveiro e que neste caso foi para Benjamín Vedo, José Antonio Porto e Miguel Saco.

Para merendar serviuse paella (elaborada por Héctor&Mero Cátering-Eventos de Ponferrada) gratis para os coveiros e previo pago de 7 euros para os visitantes, entre os que había unha parella de Cartagena (Murcia) que hai uns dias organizou unha viaxe polo Camiño de Inverno. E xa para rematar, os asistentes percorreron diversas covas da zona de Cerdeirais para probar o viño.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button