Entroido 2020Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Festa de Carnaval Infantil no Casino do Barco

Unhas 170 persoas asistían á cita o Sábado de Entroido (22 de febreiro)

 

O Casino do Barco sumábase este ano á celebración do Entroido cunha Festa Infantil celebrada na tarde do 22 de febreiro, organizada por JOYPA Eventos.

Houbo un obradoiro de máscaras, un castelo inchábel e peluches motorizados, ademais  dun bonito desfile de disfraces de nenos e adultos, poñendo o broche un baile e coreografías a cargo das monitoras.

 

 

Esta era a primeira vez que se realizaba unha festa destas características no Casino e dende a organización fan un balance moi positivo da iniciativa, coa asistencia dunhas 170 persoas. “Vendéronse a totalidade das entradas anticipadas que eran 60, pagando unicamente os nenos xa que a entrada para os adultos e os acompañantes era de balde”, aseguran, agradecendo o apoio e as felicitacións por parte dos asistentes.

Dado o éxito da convocartoria, de cara ao vindeiro ano están barallando a posibilidade de habilitar un andar máis do Casino “para poder duplicar o aforo e que todas as persoas que non puderon conseguir a súa entradas, e foron moitas, poidan tamén desfrutar deste evento”, adiantan dende a organización.

Fotos e vídeo cedidos

 

Artigos relacionados

Back to top button