CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Festa de despedida no CEIP Julio Gurriarán do Barco pola xubilación dunha compañeira de traballo

Josefina levaba máis de 17 anos á fronte do servizo de limpeza no centro escolar barquense

 

Hoxe foi un día especial no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, xa que despois de máis de 17 anos á fronte do servizo e limpeza, Josefina collía a merecida xubilación.

Foron case dúas décadas de traballo “ao servizo do colexio e sempre co mellor humor e disposición”, por iso os seus compañeiros adicábanlle unha festa de despedida por todo o alto na que non faltaron as mostras de cariño nin a merenda, o brinde con champán, as flores, as fotos e os agasallos, que fixeron desta unha despedida moi emocionante.

 

 

“Agora tócache un merecido descanso Josefina e nós non he dicimos adeus, dámosche as grazas”, aseguraban emocionados dende o centro barquense.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button