Galerías de fotosÚltima hora

Baile de Entroido no Pavillón Universitario de Ourense

O Pavillón Universitario de Ourense converteuse por unhas horas nun pequeno estudio de Hollywood. O Servizo de Deportes da Universidade en colaboración con AQA Ourense organizaron unha divertida festa de Entroido na que todos os participantes estaban invitados a gozar dunha entretida master class de zumba pero disfrazados. A idea era conseguir traer ata as instalacións universitarias as máis diversas estrelas do mundo do cinema, dende John Travolta e Olivia Newton-John de Grease ata Leonardo Dicaprio e Kate Winslet de Titanic, pasando por Ginger Rogers e Fred Astaire ou os contemporáneos Bob Esponxa e Patricio.

Artigos relacionados

Back to top button