CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Festa de graduación 2022 do IES Xermán Ancochea, no Auditorio Julio Vázquez de Trives

 

Na tarde deste mércores 18 de maio, xusto despois do Día das Letras Galegas, o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives celebraba a súa festa de graduación para o alumnado de Bacharelato e FP (Básica, Ciclo Medio e Superior).

Despois do íntimo e atípico acto celebrado o ano pasado por culpa da pandemia, coa única presenza dos alumnos e dos profesores, este ano o evento celebrábase no Auditorio Julio Vázquez, por todo o alto coa asistencia dos familiares dos alumnos.

Coma nos bos tempos de pre pandemia, foron dúas horas cheas de emocións, sorpresas, alegrías, bágoas… un conxunto de sentimentos para con todos estes rapaces que pasaron polo centro trivés deixando a súa pegada. E como en toda graduación que se precie, tamén houbo discursos do profesorado, dos pais e dos alumnos, a tradicional entrega de orlas e imposición das bandas, bos desexos para o futuro e varias actuacións musicais, de corte máis moderno por parte do grupo do instituto e tamén tradicional da man dun grupo de pandereteiras.

O acto remataba con petiscos para todos nas dependencias do instituto.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button