CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Festa de Reis no Tameirón (A Gudiña)

A Madama e O Peloto volvían percorrer as rúas para pedir permiso para cantar os Reis na noite do 5 de xaneiro

Cumprindo coa tradición, os veciños do Tameirón, no municipio da Gudiña, volvían reunirse un xaneiro máis para celebrar a súa antiga Festa de Reis. Na tarde do 5 de xaneiro, a Madama e O Peloto (figuras propias desta localidade) abrían a comitiva que percorría, casa por casa, o pobo para cantar os Reis e recoller os aguinaldos.

Despois os veciños reuníanse na nave para cear e a festa continuaba ao día seguinte, 6 de xaneiro, en torno ás cinco da tarde coa cabalgata de Reis pola localidade ata rematar na nave, onde os cativos saudaban aos Reis e recibían os seus agasallos. Os banquetes e a música eran novamente ingredientes principais desta tradición.

Fotos cedidas pola comisión da Festa dos Reis no Tameirón.

 

A Madama e O Peloto do Tameirón./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button