CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Festa de Samaín-Halloween no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Da tradicional exposición de cabazas ao baile de máscaras, na mañá do 31 de outubro

Como cada 31 de outubro, os centros escolares da comarca de Valdeoras celebraron a festa do Samaín-Halloween. No caso do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, a actividade comezaba xa uns días antes, coa tradicional exposición de cabazas decoradas na que participaron 200 alumnos coas súas creacións tradicionais e artísticas. Verdadeiras obras de arte.

E xa o día propio, previo ao de Defuntos, alumnos e profesores apareceron no centro decorado con motivos referentes ao Samaín–Halloween, disfrazados e caracterizados de personaxes de medo. Nas primeiras horas da mañá, o mestre-conversador americano Allen desenvolveu na biblioteca unha serie de actividades en inglés que incuían cancións, bailes e contacontos de medo. E xa na recta final da xornada escolar, todo o colexio saía ao patio para participar nun animado baile de máscaras, canto máis terroríficas, mellor.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button