ConcellosÚltima hora

VIII Festa do “Codillo” na Rúa

A cita gastronómica organizada polo Concello, celébrase mañá sábado 31 de xaneiro ás 14:30h. no pavillón
Asistentes á pasada edición da Festa do "Codillo". /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á pasada edición da Festa do “Codillo”. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá, sábado 31 de xaneiro a partires das 14:30h. o pavillón polideportivo da Rúa acollerá unha nova edición da Festa do “Codillo”. Coma sempre por 15 euros que custa a entrada, os asistentes poderán degustar un menú a base de consomé, cotarelo de porco, chourizo, patacas, grelos. De postre bica. E para beber, viño e auga, café e licores.

No marco desta celebración, dúas horas antes, no salón de plenos do Concello procederase á entrega dunha placa ao director da Uned Ourense, Jesús de Juana, para conmemorar o 25ª aniversario da Aula da Uned Valdeorras na Rúa.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button