ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Festa do Samaín do Barco CCA dirixida ao público infantil e familiar, o 30 de outubro

Terá lugar en horario de 11h. a 20:30 h. nunha carpa que se instalará na Praza do Concello e na que haberá tallares e un espectáculo de maxia

O Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco celebrará a vindeira fin de semana a festa de Samaín cunha campaña dirixida ao público infantil e familiar. O evento terá lugar o 30 de outubro, desde as 11:00 horas e ata as 20:30 horas, nunha carpa que se instalará na Praza do Concello.

Esta celebración incluriá talleres infantís creativos de elaboración de adornos para a porta e marcapáxinas (11:00 horas), caretas terroríficas (12:45 horas), e cubo de doces con luz (17:00 horas). Cada taller terá un aforo máximo de 20 nenos/ as e unha duración dunha hora e media. Ademais, será necesario formalizar a inscrición a través da web www.obarcoccaberto.com para reservar praza, e enviala ao correo obarcocca@obarcoccaberto.com ou entregala na oficina do CCA O Barco ( c/ España, 1).

 

 

Ademais haberá un taller de pintacaras para todos os nenos que se acheguen á carpa do CCA O Barco en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 18:30 horas. Sen necesidade de inscrición previa. Así mesmo instalarase un fotomatón con photocall de Samaín para a cativada que se achegue á carpa do CCA O Barco en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 18:30 horas. Sen necesidade de inscrición previa.

Outra das propostas será o espectáculo de maxia “Feixes e ilusións” de Martín Camiña e Fani Triana ás 19:30 horas. O aforo estará limitado a 100 persoas e non será precisa inscrición previa.

Acceso ao recinto do Samaín

Ao recinto da festa Samaín deberá accederse con máscara cirúrxica ou hixiénica, e será obrigatorio facer uso do xel hidroalcóholico. Ademais, respectarase a distancia de seguridade interpersoal entre non conviventes. Os espazos comúns se desinfectarán durante a celebración da campaña, antes, durante e despois de cada unha das actividades propostas.

Petisco de medo! na hostalaría asociada ao CCA

De forma paralela, a hostalería asociada ao CCA O Barco ofrecerá durante o sábado 30 de outubro un petisco especial, “Petisco de medo!”, aos seus clientes coas súas consumicións. Os participantes son Bar San Roque, Café Teatro Baixo 5, A Maltería e Restaurante Piquiño.

Artigos relacionados

Back to top button