CulturaCulturaÚltima hora

Festa do Samaín en Ourense

A conmemoración terá lugar o 31 de outubro con baleirado de cabazas e procesión polo casco vello

0114 Concello Cultura Samain cartel 2014
A concellería de Cultura do Concello de Ourense, organiza actividades para a conmemoración do Samaín, previstas para o venres 31 de outubro.

En torno ás 17h. a praza da Imprenta (praza Maior en caso de chuvia) acollerá o baleirado de cabazas para participar na procesión do Samaín, que a partires das 19h. percorrerá distintas rúas do casco vello (praza Maior, praza do Trigo, Hernán Cortés e raza de San Cosme). Para estes actos, o Concello disporá dunhas 600 cabazas para os participantes. Posteriormente as actividades infantís continuarán na praza de San Cosme a cargo da asociación A Galleira, rematando cun concerto a partir das 21h.

Xunto coa Concellería de Cultura, colaboran na organización deste Samaín as asociacións de Artesáns, Amencer, Auce e tamén a Galleira. Na presentación estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, acompañada dos representantes das asociacións colaboradoras.

Artigos relacionados

Back to top button