Galerías de fotosÚltima hora

“Festa e noite de medo” na Biblioteca do Barco

Numeros nenos asistían aos actos para celebrar o Samaín na tarde do 31 de outubro

De pantasmas, de bruxas, de esqueletes, de zombies,… Son algúns dos disfraces cos que os cativos asistían á Festa de Medo na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras, con diferentes actividades programadas.

Na primeira, de animación á lectura, partiron da exposición de personaxes de medo realizada polos alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares do Barco es que está aberta na propia biblioteca. Despois viña a animación con pintacaras, fotomatón e un contacontos sobre unha moza que quería sen vampira, da man de dous membros do grupo de teatro do IES Martaguisela (Zoe Ramos e Miguel Ortiz).

E xa a partires da nove da noite chegará a “Noite de Medo”, un campamento na biblioteca para nenos de entre 5 e 9 anos anotados previamente, con cea temática, diferentes xogos e a proxección dunha película de medo, para todos os públicos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button