CulturaCulturaEducaciónSen categorizar

Festa fin de curso no colexio Divina Pastora

O centro barquense levará a cabo actividades culturais, artísticas e deportivas
Cartaz das festas neste centro barquense.
Cartaz das festas neste centro barquense.

O curso entra na recta final e no colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco celebrán as Festas 2014 con actividades culturais, artísticas e deportivas que se levarán a cabo nestas últimas semanas.

Con respecto ás actividades artísticas, as festas deste ano centraranse nos días 18 e 19 de xuño a partires das 20:30h. No acto do mércores actuarán os máis pequenos do centro con bailes expresamente preparados para a ocasión. Ese día haberá ademais unha exhibición de judo. No acto do xoves, tocaralle o turno aos maiores dende 5º de Primaria ata 4º da ESO, que porán en escea as súas coreografías.

O programa inclúe asemade outro tipo de actividades como as deportivas (torneos de baloncesto e fútbol, ruta en bicicleta, xogos cooperativos, xincana…) e tamén lúdicas e culturais. Este último apartado abarca iniciativas tan variadas como as I Xornadas Xogando coa Ciencia, teatro, festas de graduación, e visitas ao parque zoolóxico de Marcelle, o coto de León, Manzaneda, Cerceda ou o Parque Warner de Madrid, entre outros.

No apartado religioso, o 16 de xuño haberá tres eucaristías: ás 10h. para Educación Primaria, ás 12h. para Secundaria e ás 20h. para a Comunidade Educativa.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button