ConcellosÚltima hora

Festa do Magosto, o sábado 28 de outubro na Rúa Vella

A cita será na praza do Arroio a partires das oito e media da tarde
Castañas asadas. /Foto: Mónica G. Bellver.

Co outono chega tamén o tempo dos magostos e uns dos primeiros en celebralo serán os veciños da Rúa. Para este sábado 28 de outubro, a Comisión de Festas San Roque organiza a Festa do Magosto na praza do Arroio, na Rúa Vella. Será a partires das 20:30h. e por 7 euros que custa a entrada, os asistentes poderán degustar bolo preñado, empanada, bica e por suposto bullotes asados, ademais de viño e auga.

A venda anticipada de entradas está aberta ata o xoves día 26.

 

Artigos relacionados

Back to top button