ConcellosÚltima hora

Festa na honra a San Martiño, patrón de Quiroga, o luns 11 de novembro

O programa inclúe cultos, música e o tradicional magosto na praza Maior a partir das sete da tarde

Asistentes ao magosto o ano pasado en Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro luns, día 11 de novembro, Quiroga celebrará a festa do seu patrón, San Martiño. Con todo, o programa de actos, organizado polo Concello comezará xa o sábado día 9 con teatro ás 19h., no Auditorio Municipal a cargo do grupo de teatro Falcatrueiros de Monterroso e a obra G-13. Trátase dunha adaptación, por Jousé García, da obra M-7Catalonia de Albert Doadella para o grupo Els Joglars.

E o día 11 oprograma arrancará ás 11h. cunha alborada seguida da misa solemne e procesión (12h.) .Xa pola tarde, a partires das 16h. haberá xogos populares para os máis pequeno na mesma praza, onde a partires das 19h. terá lugar o gran magosto popular con castañas asadas e viño novo. O apartado musical da festa correrá a cargo do dúo Camelia.

A programación completarase o domingo 17 de novembro coa celebración do III Día da Bicicleta.

Artigos relacionados

Back to top button