ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Festa na residencia de Valdegodos (Vilamartín) na honra da Virxe dos Milagros

Este centro de maiores celebraba o 8 de setembro o día da súa patroa con actos relixiosos e un xantar

A Residencia da Nosa Señora dos Milagros que a Fundación Valdegodos ten en Vilamartín de Valdeorras celebraba no domingo 8 de setembro a festa na honra da súa patroa, a Virxe dos Milagros.

 

No marco desta celebración, residentes, familiares, convidados e persoal deste centro desfrutaban dunha xornada de convivencia na que non faltaban cultos relixiosos como a procesión e posterior eucaristía, nin o xantar de festa que compartían xuntos, nin a música a cargo dun grupo. Coma sempre cada residente contaba cos seus propios convidados, situados nas súas respectivas mesas.

 

 

Nesta ocasión servíase un menú formado a base de ibéricos, pulpo á feira, langostinos, cigalas, salpicón de rape, cabrito con guarnición e ensalada, milfollas de nata e copa xeada, acompañados por viños da Denominación de Orixe Valdeorras, sidra e cava.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button