ConcellosÚltima hora

A Festa do Pan de Cea cumpre as vodas de prata os días 2 e 3 de xullo

A Deputación será co-organizadora do evento nesta edición
Un momento da reunión mantida esta mañá, entre o alcalde de San Cristovo de Cea, o presidente da Deputación e membros do Consello Regulador da IXP.
Un momento da reunión mantida esta mañá, entre o alcalde de San Cristovo de Cea, o presidente da Deputación e membros do Consello Regulador da IXP.

O alcalde de San Cristovo de Cea reuniuse esta mañá, 2 de xuño, co presidente da Deputación, Manuel Baltar, e con representantes do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) “Pan de Cea” para analizar as actividades que se están a programar na edición de 2016, na que se cumpre o 25 aniversario da exaltación do “mellor pan do mundo”, segundo o presidente do ente provincial.

As actividades vanse ver incrementadas pola conmemoració nda efemérides, motivo polo que a Deputación será co-organizadora do evento. O programa desenvolverase entre os días 2 e 3 de xullo coa tradicional ruta dos fornos e a celebración festiva e gastronómica, ao que nesta edición hai que engadir unha andaina solidaria. O programa incluirá tamén actuacións musicais e degustación de produtos, actividades de showcooking e competicións deportivas.

Artigos relacionados

Back to top button