Primeiro xogos populares, para nenos e maiores. Dende a comba ou a chave, pasando pola billarda. A diversión como mellor forma de afrontar unha calurosa tarde do 10 de agosto en Vilaseco (O Bolo). A receita era o programa da sexta edición da Festa Algarabía, que promove a Fundación San Bernabé. E para seguir a tarde e a noite, música con varios grupos entre os que sobresaía Skarallaos.
Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na edición de setembro do Periódico O Sil