EconomíaEconomíaÚltima hora

Festa do pulpo nas piscinas de Vilamartín de Valdeorras

O vindeiro 26 de marzo ás 14 horas celebrarase a primeira edición desta cita gastronómica
Unha ración de pulpo á feira. /Foto: Carlos G. Hervella.
Unha ración de pulpo á feira. /Foto: Carlos G. Hervella.
O pulpo será o protagonista da festa./ Foto: Carlos G. Hervella.
O pulpo será o protagonista da festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Empanada de bonito, pulpo con patacas, pan, bebida, postre e café. Será o menú da I Fesa do pulpo que se celebrará o vindeiro sábado 26 de marzo ás 14h. no recinto das piscinas de Vilamartín de Valdeorras.

Tal como adiantan dende Seindra, Servicios y Mantenimientos (organizadora do evento), só se poderá acceder con entrada anticipada e reservas feitas nos teléfonos 636 74 53 26 e 698 14 39 42, ou no correo electrónico seindra@hotmail.com.

A festa celebrarase nas piscinas de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
A festa celebrarase nas piscinas de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

O prezo das entradas é de 15 euros e xa están á venda na Oficina Seindra (Manuel Quiroga, 70) do Barco, no Bravo Lux da Rúa e no café-bar Santos de Vilamartín.

Ademais do xantar, a festa inclúe a actuación musical dun dúo e o sorteo dunha fin de semana para dúas persoas na estación de montaña Oca Nova Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button