CulturaMúsicaÚltima hora

Festa Techno no Ruxe Ruxe de Quiroga

Fernando Mesa e Out Law mezclarán o sábado 9 de abril no establecemento hostaleiro lucense
Cartaz da Festa Techno no Ruxe Ruxe de Quiroga.
Cartaz da Festa Techno no Ruxe Ruxe de Quiroga.

A música techno regresa a Quiroga. E faino da man da Cervexería Ruxe-Ruxe o vindeiro sábado 9 de abril a partires das doce da noite.

O establecemento hostaleiro de Quiroga, caracterizado nesta nova etapa pola organización de actividades moi variadas, dende foliadas ata monólogos sen esquecer os concertos, aposta desta volta por unha Festa Techno que contará con DJ’s de primeira fila como Fernando Mesa, e Óscar Vizcaino (agora Out Law). Completan o elenco de artistas convidados Davila e Fraggle Row, orixinarios da localidade lucense.

Artigos relacionados

Back to top button