CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Festa, troula e moita participación nos III Cantos de Taberna de Trives

Un total de 7 grupos participaban neste percorrido musical polos bares triveses na noite do 7 de agosto

Dende a tarde ata a madrugada os cantos e a música enchían os locais de hostalaría de Trives e as rúas desta vila no marco da celebración dos III Cantos de Taberna. Un total de sete grupos participaban desta edición, tanto de Trives como doutros concellos como Manzaneda, O Barco e mesmo Ourense. Partían as oito da tarde dende a praza do Pilón.

A festa remataba na praza do Reloxo cunha tirada de fotos de artificio. Esta actividade formaba parte do programa da VII Mostra do Patrimonio Inmaterial que organiza a Asociación Cultural A Caniceira de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button