EconomíaEconomíaÚltima hora

Festa do Xabarín o 22 de xullo en Rubiá

O prezo da entrada é de 10 euros e inclúe cea, baile, inchábeis e sorteos
Xabarín cociñado.

A localidade valdeorresa de Rubiá preprárase para unha nova edición da Festa do Xabarín que se celebrará o vindeiro 22 de xullo a partires das nove da noite na praza do Concello.

O menú, centrado no xabarín caldoso, inclúe empanadas variadas; doces e xeado; pan, viño, Coca-Cola e auga; café e chupitos caseiros. Despois da cea, amenizada polo grupo de gaitas Os Parrandas, haberá baile coa discoteca móbil A Boa Festa e tamén colchonetas inchábeis gratis e sorteo de agasallos co número de entrada: un pack de La Buena Vida para o 1º premio e un xamón para o 2º. A noite rematará cunha queimada.

O prezo da entrada (10 euros) inclúe ademais o prato e o vaso de barro e poden mercarse nos seguintes puntos de venda en Rubiá: Trastos, Farmacia Rubiá, Libraría Tere, Supermercado Rosa, Bar Natasan e Cafetería Eclipse; e tamén no Barco, na Carnicería Carlos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button