CulturaEducaciónÚltima hora

Festas 2015 no colexio Divina Pastora do Barco

Fin de curso no centro escolar con actividades lúdicas, culturais e artísticas

PROGRAMILLA FIESTAS 2015.cdr

Actividades artísticas, lúdicas, culturais e relixiosas conforman o programa das festas de fin de curso 2015 no colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, que se desenvolverán entre o 15 e o 18 de xuño.

O programa arrancará o luns día 15 coas eucaristías. Ás 10h. para 2º, 3º e 4º da ESO; ás 12h. para 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO; e ás 20h. para a comunidade educativa. Ese mesmo día pola tarde haberá dúas actuacións musicais: do coro de pais e nais do colexio (20h.) e de pequenos concertistas (21h.).

O prato forte, coas actividade artísticas, terá lugar o mércores 17 e o xoves 18 de xuño a partires das 20:30h. O mércores haberá dúas exhibicións, unha de judo e outra de ximnasia rítmica e, de seguido, comezarán as actuacións dos alumnos: os de 5º de Primaria interpretarán “I love it”; os de 6º “Muévelo”; os de 1º da ESO “Shake it off”; os de 2º “Jai Ho”; os de 3º “You are de one”; e os de 4º “Mix Pop 2015”.

O xoves haberá de novo exhibición de judo e ximnasia rítmica ademais do espectáculo “Sin medidas” da compañía Jano. Ese día actuarán asemade os máis pequenos do centro. Os alumnos de Educación Infantil interpretarán “Llegó el verano”; os de 1º de Primaria “Mambo Nº 5”; os de 4º “Happy”; os de 3º “Limbo”; e o de 2º “Macarena”.

O programa complétase con outra serie de actividades lúdicas e culturais como obradoiros, inchables e personaxes e contos para os máis pequenos; exhibición da Garda Civil; un plan director de convivencia (charlas da Garda Civil sobre acoso escolar, violencia de xénero, adicións…) e incluso a visita ao Hospital Comarcal Valdeorras dos alumnos de 4º da ESO.

Artigos relacionados

Back to top button