ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Festas acuáticas nocturnas nas piscinas de Sober

Refrescante e especialmente festivo está a resultar o verán nas piscinas municipais de Sober. O 21 de xullo tiña lugar nelas unha festa de inchables e, amais, para os días 27 de xullo e 11 de agosto están previstas as primeiras festas acuáticas do municipio. Comezarán as 22:30 horas e prolongaranse ata ben entradas as 2:30 horas da madrugada.

Amais de permitirse o baño en horario nocturno estas festa conta con animación musical e co servizo de bar que ofrecen as instalacións.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button