ConcellosSen categorizar

Festas da Virxe do Carme en Vilela (A Rúa) do 16 ao 20 de xullo

O pobo rues acollerá a VII Xuntanza Popular o sábado 19 de xullo a partires das 20h.
Grupo de veciños de Vilela nunha celebración anterior no pobo.
Grupo de veciños de Vilela nunha celebración anterior no pobo.

Vilela, no termo municipal da Rúa é outro dos pobos galegos que teñen na Virxe do Carme á súa patrona. E na súa honra celebrarán cinco días de festa que arrancarán o mércores 16 de xullo, día do Carme, e non rematarán ata o domingo 20.

Un pasarrúas a cargo da charanga Nova Terra de Trives anunciará o comezo dos festexos o día 16, con procesión e misa solemne a partires das 12:30h. e baile no campo da festa pola tarde coa mesma charanga.

De aí ata o domingo, cada día haberá un dúo para amenizar o baile en sesión de tarde e verbena, reservando para o sábado 19 de xullo, a VII Xuntanza Popular Virxe do Carme. Será a partires das 20h. e haberá pulpo con cachelos, bica, viño, auga e licores. Ese día de novo un dúo amenizará o baile.

Os actos rematarán o domingo 20 de xullo cunha misa solemne a partires das 13h. e baile pola tarde no campo da festa.

Foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button