ConcellosÚltima hora

Festas de San Clodio 2014

O Concello de Ribas de Sil organiza actividades para os días 30 e 31 de outubro, e 2 de novembro
Panorámica do pobo de San Clodio (Lugo). /Foto: Carlos G. Hervella.
Panorámica do pobo de San Clodio (Lugo). /Foto: Carlos G. Hervella.

Unha alborada a cargo da Banda de Gaitas de Ribas de Sil, o 30 de outubro pola mañá, marcará o inicio das Festas de San Clodio 2014, organizadas dende o Concello. Para as 12h. dese mesmo día está programada a misa na honra ao Santo, patrón que dá nome á localidade lucense, e de seguido haberá un xantar popular na praza Maior, onde tódolos asistentes poderán degustar empanada, polbo e bica. Xa pola tarde haberá unha charla no salón de actos (19h.) sobre “A diabete e stevia como remedio natural”. Ao rematar, comezará o magosto popular con festa amenizada polo grupo “Triunfo” que actuará en sesión de tarde e verbena ata altas horas da madrugada.

O día seguinte, 31 de outubro, estará adicado á xente maior coa celebración da XVI Fesa da Terceira Idade que inclúe unha eucaristía (12:30h.), a actuación da Banda de Gaitas de Ribas de Sil (13h.) e un aperitivo na praza por xentileza do Concello, con posterior baile (16:15h.)

Pola tarde, continuará a festa coa actuación ás 19h. do grupo teatral “Augas do Sil” no Salón de Actos, coas obras “Xosé Ramón Casares: concerto de risa”, “O fotógrafo” e “O centro médico”. Unha hora despois dará comezo a pancetada popular na praza do Concello e ese día o baile estará amenizada pola orquestra Jerusalén que actuará en sesión de tarde e verbena.

Pechando a programación, o domingo día 2 de novembro ás 17h. a actriz Elena Lombao Pardo actuará no Salón de actos para poñer en escea o monólogo cómico-musical “Sufrida Calo”.

Artigos relacionados

Back to top button