En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana, en Petín

A procesión co santo percorría as rúas da localidade valdeorresa no mediodía do 25 de xullo

Un gran ambiente se respira estes días en Petín. E non é para menos xa que dende onte e ata o sábado 28 de xullo, celébranse por todo o alto as festas patronais na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana.

O programa festivo arrancaba oficialmente na noite do martes 24 de xullo coa verbena na praza Dr. Quiroga a cargo da Macro Discoteca Móvil Renovation Experience, e xa no mediodía do mércores 25, Día da Patria Galega, a imaxe do Apóstolo percorría as rúas de Petín na procesión previa á misa maior, acompañada polo grupo de gaitas Airiños de Portela. A eucaristía estivo coma sempre amenizada musicalmente polo coro parroquial de Petín e á saída, a xente desfrutou da sesión vermú nos locais da praza. Entre eles, veciños do pobo e da bisbarra, e tamén os responsables da Adega Paco & Lola da D.O. Rías Baixas que tamén conta con viñedos en Valdeorras.

A festa continúa pola tarde cos partidos de tenis e o XI Campionato de Tute O Pitón de Petín cun xamón para o gañador. E xa cara a noitiña (21:30 h.) baile coa actuación da orquesta Pontevedra que amenizará tamén a verbena.

Mañá será o turno de Santa Ana, con procesión ás 12:30h., pasarrúas cos gaiteiros Airiños de Portela, inchábeis para os nenos nas piscinas, tute no Bar Coxita, o partido de fútbol solteiros contra casados e baile en sesión de tarde e verbena coa orquestra Nevada Band.

O venres 27 de xullo será o día dos nenos e a noite dos mozos cos concertos na praza de The Blue Star, Vuelta y Media e Clon Bois; e o sábado día 28 o grupo Podium porá o broche ás Festas de Petín 2018.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button