ConcellosÚltima hora

Festas de Santiago e Santa Ana, en Petín

Procesión de Santiago en Petín o pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

Do 24 ao 27 de xullo Petín vestirase de festa cun variado programa de actos entre os que non faltarán a a música, o deporte e, por suposto, os cultos relixiosos. O seu centro neurálxico estará novamente na praza Doutor Quiroga, no centro da vila.

A diferenza do pasado ano, nesta ocasión o programa non se iniciará coa Festa da Xuventude (que terá lugar o 27 de xullo), senón con baile ao ritmo da orquestra Foliada na noite do 24 de xullo na praza.

O día 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo, empezará ao son do grupo de gaitas Airiños da Portela. Para as 13h. está prevista a procesión coa imaxe de Santiago polas rúas da localidade, seguida de misa solemne na igrexa parroquial na honra do Apóstolo. A música soará de novo pola tarde coa orquestra Galilea, que tamén se encargará de animar a verbena e de facer bailar aos petineses e visitantes.

E se na xornada do 25 de xullo se honraba a Santiago, na do día 26 de xullo renderáselle culto a Santa Ana. A mañá comezará tamén cunha nova alborada a cargo do grupo de gaitas Airiños da Portela.
Ademais os veciños sacarán en procesión polas rúas da vila a imaxe Santa Ana ás 12:30h. Seguidamente darase paso á misa solemne na honra desta santa.

Os actos proseguirán ata o 27 de xullo.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button