ConcellosÚltima hora

Festas de verán en Prada (A Veiga)

A asociación cultural organiza a romaría dos emigrantes para o día 13 de agosto
Misa no Santuario da Ascensión, o ano pasado.
Misa no Santuario da Ascensión, o ano pasado.

Como veñen facendo nos últimos 10 anos, dende a Asociación Cultural de Prada organizararon para o vindeiro sábado 13 de agosto unha festa para os emigrantes que se reúnen no pobo durante o verán.

Ese día, o programa arrancará ás 12:30 horas con misa solemne no Santuario da Ascensión de Prada e procesión amenizada polo coro Santa Rita, e xa en torno ás 14 horas, celebrarase o xantar (polbo á feira e empanada). Pola tarde, a partires das 17:30 horas haberá xogos infantís co Dúo Cosquillitas e festa rachada con sesión verbena a cargo do grupo Sabor Latino, que rematará de madrugada con bica, queimada e magosto.

Ese será o día central das festas de verán en Prada (A Veiga), pero a programación lúdica inclúe otras actividades como sesión de cine infantil os días 10 e o 11 de agosto ás 12 horas; un partido de fútbol o 12 de agosto ás 11 horas; e cine para todos os públicos ese mesmo día ás 22 horas.

E xa para o domingo 14 de agosto ás 12 horas está programada a asemblea de socios.

Artigos relacionados

Back to top button