Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Festas do Portal en Ribadavia

Do 7 ao 9 de setembro a vila de Ribadavia celebra as festas da Virxe do Portal, patroa do Ribeiro. Na mañá do 8 de setembro a imaxe da Virxe percorría o centro da vila nunha procesión acompañada pola Banda da Lira. Despois viña a misa e a saída cos xigantes e cabezudos. A música e as actividades lúdicas continuaban ao longo da xornada.

Xigantes e cabezudos regresaban nesta mañá ás rúas de Ribadavia. Pola tarde haberá un contacontos e ás 18:30h. misa, seguida da baixada da Virxe do Portal, acompañada pola Agrupación Musical da Limia. Seguirán tamén as actuacións musicais e ás 22:30h. tocará a orquestra París de Noia no patio do IES do Ribeiro.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button