ConcellosÚltima hora

Festas do San Antón no barrio vianés do Toural

Celébranse dende hoxe 14 de xuño ata o domingo día 16, con música, cultos e xogos

Son moitas as vilas e mesmo barrios que celebran estes días a festividade de San Antón. Fontei (A Rúa), O Campo (O Barco) ou Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) son algúns dos exemplos na comarca de Valdeorras, pero tamén noutros puntos da bisbarra teñen a este santo como referencia.

É o caso do Barrio do Toural en Viana do Bolo que dende hoxe, 14 de xuño e ata o domingo día 16, vivirá tres días de festa con música, cultos e xogos. O programa arranca esta tarde coa actuación do grupo Súper Star e continúa mañá coa orquestra Royal que actuará en sesión de tarde-noite. O sábado haberá ademais actividades como tiro ao prato (Armería Reclamo) a partir das tres da tarde; un partido de fútbol de solteiros contra casados (Campo das Carrelas) a partir das seis; e por suposto xogos infantís.

O día grande será o domingo con misa e procesión na honra a San Antón e sesión vermú amenizada pola charanga Fuego. E xa pola tarde, a orquestra Charleston porá o broche á festiva fin de semana, da man da comisión formada por Jorge Álvarez (leva cinco anos organizando as festas), Miriam, Jordy, Noemí e Alicia.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button