CulturaCulturaMúsica

Festas en Santa María de Abeleda

Esta localidade da Ribeira Sacra ourensá celebrará con moita música, actos relixiosos e competicións os seus festexos do 13 ao 15 de agosto
Cartel das festas de Santa María de Abeleda.

Co son da orquestra Aché comezarán o vindeiro 13 de agosto as festas en Santa María de Abeleda (A Teixeira). Será a partires das 21h. Ao día seguinte, 14 de agosto, ás 17h. haberá actividades e xogos para os cativos e, media hora despois, un campionato de tute. Pola noite volverá o ritmo dunha orquestra, desta volta a Metrópolis, que actuará ata as 22h. Á medianoite, ás 00:30h., terá lugar a lectura do pregón a cargo da presentadora de “Aquí Galicia” Lucía Rodríguez. Xa á unha da madrugada haberá unha tirada de fogos artificiais e despois verbena a cargo da Metrópolis.

Xa na xornada do 15 de agosto, ás 10h. poderá desfrutarse dun pasarrúas coa charanga Castro Bello e ás 13h. misa e procesión acompañada pola mesma charanga, que tamén lle porá son á sesión vermú ás 13:45h. e que novamente actuará pola tarde ás 17h. Tamén ás 17h. principiarán as Olimpíadas Rurais con lanzamento de sacho, carreira de carretillos, carreira de sacos…

Ás 20h. actuará a disco móbil Impacto e entre ás 21h Marc Alonso (dos Recanteiros do Luar), tamén o seu cargo estará a verbena.

Artigos relacionados

Back to top button