ConcellosÚltima hora

Festas patronais en Larouco

Cultos e baile na honra á Virxe dos Remedios o 7 e 8 de setembro
Procesión dos Remedios en Larouco. /Foto: Mónica G. Bellver.
Procesión dos Remedios en Larouco. /Foto: Mónica G. Bellver.

O día grande das festas patronais de Larouco, na honra a Nosa Sra. dos Remedios, será o luns 8 de setembro, pero o programa arrancará mañá, sábado día 6 a partires das catro da tarde co campionato de tute no restaurante O Xoto.

O domingo día 7, tal como adiantan dende a comisión de festas, haberá xogos populares para os máis pequenos do pobo, para a partires das oito e media, trasladar aos veciños e visitantes ata o campo da festa, onde a orquestra La Oca porá a nota musical á xornada.

Ao día seguinte, luns 8 de setembro, a procesión e posterior eucaristía, centrarán os actos pola mañá. En torno ás 12:30h. a comitiva encabezada pola imaxe da Virxe comezará o percorrido polas rúas do pobo, para rematar novamente na igrexa parroquial, onde terá lugar a eucaristía. Ese día, o baile e a verbena estarán amenizados pola orquestra Filadelfia, que fará bailar aos asistentes ata altas horas da madrugada, despedindo deste xeito o verán que nun par de semanas dará paso ao outono.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button